0
0
0
s2sdefault

O Programa de Intervención Socio-Educativa (PFIS) da Asociación Érguete habilitou durante este confinamento un teléfono para reforzar a atención telemática e axudar aos e ás menores con problemas de adiccións a afrontar estes momentos xunto as súas familias.

Lucia Asociacion Erguete

O confinamento no fogar é unha situación difícil para todos e todas, pero para as persoas con problemas de adiccións e de conduta pode chegar a ser un auténtico reto de resistencia. Consumir drogas ilegais é máis complicado, e o consumo de drogas legais en soidade faise máis recorrente e adictivo segundo distintas enquisas publicadas ao longo do Estado. Esta situación tamén se da nos e nas menores, recluídos agora todo o día coas súas familias e baixo a súa vixilancia. Aumentando os conflitos no fogar polo síndrome de abstinencia e o desgaste psicolóxico do encerro. Por iso, na Asociación Érguete habilitaron un teléfono (658756739) para axudar a menores e a familias a afrontar este problema.

A encargada deste teléfono é a responsable do Programa de Intervención Socio-Educativa, a educadora social Lucía Pereda. Ten anos de experiencia traballando con menores e as súas familias, pero explica que nesta situación todo e “máis difícil” porque a convivencia de 24 horas e a ruptura das pautas de consumo “aumentan a conflitividade familiar”. Aínda que destaca que na maioría dos casos adaptáronse moi ben a intervención telefónica e incluso moitos dos e das menores melloran na súa adicción grazas, en parte, ao encerro que vivimos. Explica que no seo das familias estruturadas ao inicio do confinamento a “deshabituación traía ansiedade e conflito, e nalguns casos houbo que intervir na restructuración de acordos e pautas de convivencia de cara á mellora do funcionamento familiar” , pero que pasadas as primeiras semanas a situación “tendeu á normalización e incluso ó abandono definitivo do consumo en moitos casos”.

“O apoio da familia é imprescindible durante estes días”, explica a educadora social da Asociación Érguete e é un aspecto que se trata de reforzar. Ademais as intervencións son “máis difíciles por teléfono”, pero por iso “sempre estamos dispoñibles para que falar con nós sexa unha vía de escape, sirva de orientación ante as novas situacións que o confinanento supón para os e as menores e as súas familias, e para levar a cabo unha medicación sempre que sexa preciso”, conclúe a educadora social da Asociación Érguete.

Máis tristes e máis estresados

O estado de ánimo é un aspecto imprescindible para loitar contra unha adicción ás drogas debido ao gran esforzo e forza de vontade que se precisa, e de cara tamén á resolución dos conflitos familiares, moitas veces orixinados por problemas de consumo, conducta e a incapacidade dos nais e país para o establecemento de normas e límites e o seu cumplimento. Pero esta situación que ten a moitos e a moitas ao límite pode facer as cousas máis difíciles. Segundo un estudo deseñado polo grupo de traballo “Data Science for Covid-19 TaskForce” dependente da Generalitat Valenciana as persoas entre 18 e 20 anos son as que din estar sufrindo maiores índices de estrés, ansiedade e tristeza durante o confinamento. Ademais nesta investigación a base de enquisas tamén se comprobou un aumento significativo no consumo de medicamentos e drogas.

Polo que, esta situación tamén obriga a que a intervención no programa da Asociación cree dinámicas para fortalecer a través da conversación “o cambio de pensamentes e a elección de actividades para despexar a mente e distraerse”, explica Pereda.