"Os nenos e nenas de Redondela fórmanse en igualdade"

A Asociación Érguete e o Concello de Redondela organizan talleres de igualdade para os alumnos e alumnas de primeiro de primaria das nove escolas do municipio.
Educando na igualdade cp igrexa redondela Asociacion Erguete

A Asociación Érguete comezou hoxe no Colexio Público da Igrexa Chapela (Redondela) o programa “Educando na Igualdade”, organizado en colaboración co Concello de Redondela. Dende hoxe e ata a maio cada neno e nena de primeiro de primaria das nove escolas do municipio recibirá un total de 10 horas de talleres de igualdade, organizados en dúas sesións grupais de 4 adicadas ao alumnado e unha sesión final adicada ás familias.

A encargada do servizo de prevención da Asociación Érguete e unha das promotoras destes talleres, Laura Durán, explica que esta actividade é “moi necesaria nas aulas”. “Na escola e entre os nenos e nenas aínda detectamos moitos prexuízos machistas. Por exemplo, moitos pensan que as nenas non poden xogar ao fútbol ou que limpar e cociñar é algo de nais e non de pais”, explica Durán.

Os talleres que recibirán os pequenos e pequenas de Redondela van ser distintos a outro tipo de actividades que se fan para os máis maiores. “Aprenden igualdade con xogos, coloreando e debuxando. Divírtense como iguais e iso é o que buscamos”, conta a traballadora da Asociación Érguete. Este será o segundo ano de “Educando en Igualdade” no Concello de Redondela e se espera que conte coa gran acollida que tivo o ano pasado. “A igualdade conséguese con educación, e ese é noso obxectivo”, conclúe Laura Durán.