0
0
0
s2sdefault

Os avogados e avogadas da entidade axudan a estas persoas con condutas adictivas a plantexar un recurso ás sancións

servizo socio xuridico da Asociacion Erguete

Coa desescalada da Xustiza comezan a chegar ao Servizo Socio-Xurídico da Asociación Érguete as solicitudes de asesoramento de persoas que recibiron sancións por incumprir as normas do Estado de Alarma. Nas últimas dúas semanas xa son 10 as persoas con condutas adictivas atendidas polos avogados e avogadas da entidade.

Despois de coñecer as súas distintas historias, os e as profesionais da Asociación redactan un recurso as súas sancións. Para o coordinador deste servizo, David Martínez, é necesario ter en conta que para as persoas con problemas de adiccións foi “moi difícil” manter as estritas normas do confinamento.

O seguimento, mellor presencial

Estas persoas non son as únicas que aproveitan a volta do servizo da Asociación de maneira presencial co comezo da fase 2. Ate aí, a atención era telefónica e o seguimento dos casos facíase “moito máis difícil”, explica Martínez.

Nos meses de estrito confinamento o traballo do servizo da Asociación Érguete centrouse no seguimento das persoas usuarias, non nas sancións administrativas. Agora, en cambio, as súas necesidades xa van da man da “nova normalidade”