0
0
0
s2sdefault

O atleta e adestrador nacional de Atletismo e do Real Club Celta de atletismo, Manuel Ageitos, será o encargado dun proxecto en colaboración co deportista Daniel Bargiela (Bikila) no que participan persoas usuarias que viven nas casas de acollida da Asociación, menores cos que traballa Érguete e tamén parte do equipo de profesionais.

Mañá un equipo de quince persoas comezará a correr polo parque de Castrelos para poñerse en forma en corpo e alma. Comezan unha “terapia running” que organiza a Asociación Érguete e coordina o atleta e adestrador nacional de Atletismo e do Real Club Celta de atletismo, Manuel Ageitos. O obxectivo é demostrar os beneficios do deporte como método de protección e prevención fronte as adiccións con dous adestramentos por semana, martes e xoves ás 20.45 horas.

Na activade participan menores que asisten a talleres na Asociación Érguete e parte do seu persoal. Aínda que unha boa parte dos participantes son os dez usuarios e usuarias que residen nas tres vivendas de acollida das que dispón a Asociación no centro de Vigo (unha para mulleres e dúas para homes). Alí residen entre seis meses e un ano e reciben axuda no seu propio axuste persoal para posteriormente incorporarse de novo a sociedade. Son persoas con trastornos aditivos que precisan dunha vivenda normalizada e supervisada para a súa volta a normalidade.

Por iso, a “terapia running” é unha gran actividade para eles e elas. O coordinador de Vivendas de Apoio da Asociación Érguete, Javier Alonso, explica que “é unha forma fantástica de traballar e na que os participantes responden moi ben”. Ademais destaca que Ageitos é un gran “director de orquesta porque é un bo motivador que sabe adaptarse ao nivel de cada un”. Destaca tamén que o exercicio ten múltiples beneficios para os usuarios e usuarias da Asociación. Físicos, pero tamén psicolóxicos posto que deporte tamén xera unha sensación de benestar “que lles axuda a liberar tensións funcionando como un potente antidepresivo”.

A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas incide en que a actividade aporta beneficios máis alá da saúde. “Crea unha costume de compromiso moi necesaria para vivir en sociedade”, destaca. Ademais recalca que correr dous veces por semana obriga a superar límites para moitos porque “tentar superar marcas e obxectivos crea unha educación no esforzo imprescindible para previr e saír das adiccións”. Outro dos aspectos positivos desta terapia para Rivas é que “o pasan ben e se poden relacionar en contextos novos” recalca. “É unha actividade boa non só para os usuarios e usuarias, tamén para nós”, conclúe. Por todo isto, a coordinadora da Asociación tamén se enfundará os zapatos para correr xunto a máis traballadores e traballadoras de Érguete.

camiseta movendo caminos logo

Movendo Camiños é unha activade que culminará o próximo ano na carreira Érguete e Corre. Un evento que xa forma parte do circuíto Run Run de Vigo e que a zancadas solidarias reivindicará a importancia do deporte á hora de previr adiccións. Ata ese día a “terapia running” continuará en Castrelos dous días por semana grazas ao apoio da Obra Social de “la Caixa” e das firmas Brooks e Bikila.

Dende a Asociación Érguete tamén inciden que a “terapia running” é beneficiosa para todas e para todos. Por iso invitan aos veciños e veciñas a unirse á actividade para construír unha sociedade máis saudable. En definitiva, saúde e quilómetros.