"Clausura do programa Auto-T 2019: Un lugar para mellorar na prisión dentro da prisión"

Durante este ano cerca de 100 persoas se presentaron voluntariamente ao programa coñecido por Auto-T levado a cabo pola Asociación coa colaboración da Fundación Barrié, da Fundación Roviralta e Institucións Penitenciarias.
Programa en prisiones Auto T 2019 Asociacion Erguete

A Asociación Érguete desenvolve un programa con persoas en réxime de primeiro grado en A Lama e en Teixeiro co obxectivo de integrar e mellorar a convivencia dentro do centro penitenciario.

O sistema penitenciario español clasifica ás persoas en grados, o primeiro correspóndese co réxime pechado e de illamento. o que conta con máis medidas de control e seguridade, o segundo é o réxime ordinario e o terceiro o réxime aberto. A maioría das persoas privadas de liberdade está no segundo e miran con respecto o primeiro. O coñecido coloquialmente como a prisión dentro da prisión.

As persoas que se atopan neste réxime permanecen recluídas nunha celda individual 20 horas diarias, tendo soamente 4 para vida en común, como por exemplo saír ao patio. Transcorren o día en absoluta soidade. É un réxime difícil e no que a Asociación Érguete comezou en 2008 un programa para poder axudar a estas persoas a integrarse na prisión e poder progresar así a réximes máis abertos en A Lama, para implantalo en 2017 en Teixeiro.

A través dunha terapia educativa individual e grupal os participantes desenvolven actividades enfocadas en tres campos: o social, o persoal e o emocional. Trabállase sobre a autocrítica, o control de impulsos, a integración no colectivo e a aprender a regular as emocións e a afrontar sentimentos como o da culpa. Tamén se organiza algunha sesión específica baseada no movemento corporal nos polideportivos para que poidan saír do modulo. Aquí se traballa a relaxación, o control da agresidade e liberar tensións.

Unha característica esencial deste proxecto é que as persoas que queiran participar deben presentarse voluntarias. “Que sexa voluntario é algo moi bo porque implica a intención de querer mellorar”, explica a técnica da Asociación Érguete en Teixeiro, Ana Vázquez. Ademais destinan dúas horas, das catro que dispoñen fóra da celda, para falar de temas moi persoais e delicados en grupo. “Iso non é fácil, pero a gran maioría ten unha actitude moi boa e receptiva”, destaca Vázquez. “Durante estas dúas horas aprenden que hai persoas máis alá do delito”, reflexiona mentres explica que cada un ten unha realidade distintas, pero a que máis se repite é a que ten relación co consumo de substancias.

Un dos aspectos no que se pon o foco no programa é o da integración. Moitas das persoas en primeiro grado teñen medo de abandonalo e sumarse á maioría da poboación penitenciaria posto que teñen a percepción de que lles vai resultar moi difícil. Teñen medo de no integrarse. En primeiro grado están practicamente todo o día sós, mentres que en segundo comparten celda e as actividades grupais se multiplican. É un gran cambio. Por iso, o equipo da Asociación Érguete prepáraos e fai un seguimento da súa evolución. “Ver como melloran é a parte máis bonita porque ves como tentan, esfórzanse e o conseguen”, destaca a técnica de Érguete.

Programa en prisiones Auto T 2019 Asociacion Erguete 2

Se chegan a segundo grado e o proceso de integración da persoa funciona, a súa vida e a súa posibilidade de reinserción aumenta. É un cambio que agradecen e que incluso ás persoas desprazadas lonxe do seu lugar de orixe poden obter un traslado e poder estar máis preto dos seus seres queridos.

Un programa en crecemento

Cada vez son máis as persoas que se suman a este programa dende que naceu en 2017. Durante o último ano houbo cerca de 100 persoas entre as dúas cárceres. E en Teixeiro dos 50 que asistiron, 28 progresaron a segundo grado. Uns datos que demostran que o programa funciona.

O Auto-T estase a converter nun lugar para mellorar na prisión dentro da prisión. Un lugar para tratar temas que doen, para reflexionar e para confiar nunha segunda oportunidade. Porque o cambio está en eles e elas. É o primeiro paso está en querer cambiar e o programa “está para iso”, conclúe Ana Vázquez.