"Carmen Avendaño repasa a historia de Érguete con 200 estudantes do Colexio Hogar"

A actividade mostra a historia da Asociación Érguete e a loita das nais contra o narcotráfico, centrándose no convulso panorama da xuventude nos anos oitenta para que rapaces e rapazas poidan ver máis de cerca o contexto familiar que provoca unha adicción.
Carmen Avendano Colexio Hogar

A presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, estivo esta mañá con 200 estudantes de Formación Profesional do Colexio Hogar para impartir un taller de prevención sobre condutas aditivas. Foi unha actividade distintas posto que o equipo de Érguete decidiu concienciar sen centrarse na substancia e poñendo o foco no contexto familiar que deixa un problema de adiccións.

Por iso, Carmen Avendaño rememorou a historia da súa loita xunto a outras moitas nais. Entender que a adiccións ás substancias vai máis alá dun problema persoal é indispensable para previr e concienciar. A técnica de prevención da Asociación, Marta Lloves, explica que é necesario buscar “novas formas de concienciar porque entre a xente nova o consumo de determinadas substancias non se ve como algo negativo”, avisa en relación aos últimos datos que Informe Estudes mostrou sobre prevalencia de alcohol, tabaco e cannabis.