0
0
0
s2sdefault

A capital galega é unha das cidades europeas analizadas que mostra un maior crecemento na presenza da droga entre 2019 e 2020 segundo o informe do Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías. Tamén aumentou o consumo de alcol.

Presencia cocaina aguas residuais

A presenza de cocaína nas augas residuais de Santiago de Compostela é maior que antes da pandemia segundo o último informe do Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías. Como mínimo, a presenza de benzoilecgonina, o principal metabolito da cocaína, aumentou un 10% durante o 2020 respecto o 2019, un resultado que coloca a capital galega entre as cidades europeas estudadas cun maior incremento.

Estas cifras apoian a unha serie de observacións de varios países (Bélxica, Irlanda, España, Francia e Portugal) que, segundo se recolle no informe, apuntaban que o uso de cocaína “parecía aumentar durante a pandemia”, en relación a que os vendedores venden a droga en unidades máis pequenas e máis baratas que antes para adaptarse a redución dos ingresos durante a pandemia.

Para a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, estes datos mostran “máis que nunca”, que “nestes tempos tan duros que vivimos, a prevención é aínda máis importante que antes”. A traballadora social da entidade entende que a mellor maneira de loitar contra o consumo e os problemas adictivos é “unha aposta pola educación e por unha mellora da atención as persoas que sofren esta problemática”. “Cantos máis medios, interese e coñecemento teñamos mellor. Por iso, o primeiro paso para abordar este problema debe ser detectar a que se debe este incremento”, afirma.

O alcol tamén aumenta

A presencia de alcol nas augas residuais de Santiago de Compostela tamén aumentou respecto as cifras do ano pasado. Segundo o informe, o consumo desta bebidas diminuíu en media durante os primeiros meses da pandemia en Europa debido ao confinamento e a reducción do consumo de atracón en botellóns, pero, coa relaxación das medidas, a partir do verán o consumo repunta de maneira clara.

aumento consumo alcol