0
0
0
s2sdefault

O ​Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías publicou hoxe ​o informe sobre a presenza de drogas nas augas residuais de 70 cidades​, entre elas Santiago de Compostela,Madrid, Castellón, Valencia e Barcelona.

A presenza de cocaína nas augas residuais de Santiago de Compostela durante o 2019 aumentou un 42 % fronte ao 2018, pasando de 352 miligramos por cada mil habitantes a 500 segundo o último informe do Observatorio Europeo das Drogas e as Toxicomanías. Investigadores de todo Europa monitorizan dende 2011 a presenza de substancias nas augas de 70 cidades europeas, entre elas Santiago de Compostela, Madrid, Castellón, Valencia e Barcelona.

As cifras son altas e significativas se comparamos con outras cidades de España. A media de miligramos de cocaína nas augas de Santiago é lixeiramente inferior, pero se atendemos só aos fines de semana o dato cambia. Na capital galega o informe mostra 542 miligramos mentres que na capital española está en 524 mg cada mil habitantes, é dicir unha presencia maior e que aumenta durante os venres, sábados, domingos e luns que o informe trata como fin de semana.

Estes datos e este incremento “debe alertarnos e facernos reflexionar sobre o consumo de cocaína”, explica a responsable do programa de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán. A experta avisa que hai que ter en conta que estes datos non “dan estimacións de persoas consumidoras”, pero si “indican que se consume, e que o consumo aumenta”. Por elo, dende a Asociación con sede en Vigo avisan que os programas de prevención tamén deben “atender a evolución desta droga para previr e interromper esta tendencia”, avisa. Segundo Durán na Asociación Érguete incluirán as súas cifras nos seus traballos de campo de prevención de consumo.

O estudo tamén recolle datos de anfetaminas, metanfetaminas e mdma, e Santiago tamén presenta un lixeiro aumento en anfetaminas e mdma, aínda que non tan pronunciado como o da cocaína.

As mostras de augas residuais analízanse con biomarcadores urinarios das drogas, centrándose no caso da cocaína do seu metabolito principal (benzoilecgonina).

Mapa residuos drogas en aguas Asociacion Erguete