0
0
0
s2sdefault

A quinta edición da carreira organizada pola Asociación Érguete estrénase no ciclo de carreiras por excelencia da cidade

Despois de catro edicións con moi boa participación, a Asociación Érguete conseguiu que a súa carreira solidaria “Érguete e Corre” forme parte do Circuíto Run Run do Concello de Vigo. Ademais fano cunha posición privilexiada, posto que será a última carreira de todo o circuito. Os atletas botarán a correr o domingo 13 de decembro nun Vigo vestido de gala para o Nadal.

A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, afirma que “estamos contentos de poder formar parte dun circuíto tan asentado como o de Vigo”, e adianta que na carreira de decembro tratárase de crear un ambiente “navideño” para aproveitar unha data “especial e cercano ao Nadal”, para pechar así por todo o alto un circuito que este ano conta con doce carreiras.

A Érguete e Corre ten como obxectivo fomentar os beneficios do deporte como método de protección e prevención fronte as adiccións, ademias de recadar fondos para mellorar o traballo que a Asociación mantén con distintos colectivos da cidade. Tamén será a meta para os usuarios e usuarias do programa “Movendo Camiños”, unha actividade na que a través do “running” búscase axudar a distintas persoas a fuxir do consumo de substancias e a descubrir alternativas de ocio saudables. “A carreira é unha gran oportunidade para que poidan ver canto melloraron, e como o seu esforzo mereceu a pena”, explica Rivas.

Ademais outros dos aspectos diferenciais da Érguete e Corre é que é unha carreira para todas e para todos. De novo estará aberta para pequenos e pequenas, maiores e para persoas con problemas de mobilidade. En definitiva, unha carreira accesible e aberta para sumar quilómetros por un mundo máis xusto e mellor.

IMG 20200123 WA0003