0
0
0
s2sdefault

O programa Coñece-Decide desenvolveuse nun ano difícil para a educación, adaptando todos os seus contidos ao contexto sanitario do país.

 WhatsApp Image 2021 01 15 at 14.25.28

243 menores e e 268 familias asistiron a talleres de prevención de condutas adictivas organizados pola Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra a través do programa Coñece-Decide. “A prevención é hoxe aínda máis importante”, lembra a coordinadora deste programa na Asociación, Marta Lloves, para explicar porque nunca “pasou pola nosa cabeza a idea de parar o traballo preventivo este ano”.

“Coidarse é máis importante que nunca e a prevención é a mellor vacina que temos contra as adiccións”, afirma Lloves. Tanto ela, como os responsables da Asociación, están moi contentos cos resultados obtidos durante este ano, similares aos do anterior, pese ao confinamento estrito da primavera. Dende a Asociación Érguete queren destacar o apoio e aposta da Deputación de Pontevedra pola prevención e pola saúde dos máis pequenos e pequenas nun ano tan difícill a través do programa Coñece-Decide.