0
0
0
s2sdefault

comunicado oficial Asociacion Erguete

Todos os traballadores e traballadoras, socios e socias de Érguete, e a familia adoptiva da loita e exemplo de Carmen Avendaño, queren mandarlle todo o seu cariño e forza polo falecemento do seu fillo no día de onte. Levaba tempo enfermo, pero como a súa nai, nunca deixou de loitar.

Estamos profundamente afectados por esta situación, el creceu da man da Asociación, como cada un dos fillos de Carmen. Perdemos a un compañeiro, un exemplo de superación para nós, pero a vida é así, e máis nestes tempos. Agora quedan as lembranzas e as ganas de loitar polo soño que comparte coa súa nai, unha sociedade mellor, máis xusta, e con máis oportunidades para todas e todos.

Queremos agradecer de antemán todas as mostras de cariño que enviades. Trataremos que a forza que nos mandades chegue a Carmen para que saiba que todos e todas estades con ela nestes momentos tan difíciles.

Grazas por todo Abel. Sempre na nosa memoria, e no noso traballo.

A túa familia de Érguete.

 

0
0
0
s2sdefault

Esta iniciativa forma parte do programa E-Dixital, financiado pola Xunta de Galicia e por Caixabank, e consta de 15 vídeos e 15 guías para un uso responsable das novas tecnoloxías

Programa E dixital Asociacion Érguete

O 3,7% da poboación española entre 15 a 64 anos realizou no ano 2019 un uso compulsivo de Internet, o que ven sendo aproximadamente 1.700.000 de persoas, segundo a XIII Encuesta sobre Alcohol y otras Drogas en España (EDADES) 2019/2020 realizada polo Ministerio de Sanidade no mes de marzo do 2020. “Este é un dato preocupante, e que debemos tratar de mellorar con traballo”, avisa a responsable de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán. Por iso, na entidade viguesa decidiron co apoio e financiamento da Xunta de Galicia e Caixabank, facer entrega de maneira gratuíta as escolas da área de Vigo material informativo para fomentar un bo uso das tecnoloxías. O material constará de 15 vídeos resumo e 15 guías para fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías.

Cada unha estará dedicada a un tema, e serán entregadas cada tres semanas para que os centros teñan “tempo para traballar con elas de maneira individual”. Os primeiros materias xa foron entregados é estaban centrados no uso responsable do Whatsapp. Ao largo deste ano tamén se abordarán preguntas habituais que chegan a entidade como cando comprar o primeiro móbil? Que sabemos do Fortnite? Que sabemos do Tik Tok?...

Un dos obxectivos de todo este material é que poida chegar as familias a través dos centros. “As familias e o bo exemplo no fogar son indispensables para previr un mal uso da tecnoloxía nos máis pequenos, pero tamén non máis maiores”, explica Durán. Por iso, o material está confeccionado de maneira visual e simple para que sexa apto para todos os públicos, tanto para os profesionais dos departamentos de orientación, como para os pais e nais interesados.

Todo este material será enviado aos Departamentos de Orientación de diferentes Concellos, entre eles Redondela, Vilaboa, Fornelos de Montes, Bueu e Moaña, e a colexios e institutos que teñan relación coa Asociación Érguete, pero estarán dispoñibles para calquera centro que os desexe. Soamente hai que solicitalos nas redes sociais da entidade ou a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

 

0
0
0
s2sdefault

Pese as restricións, e os múltiples problemas derivados da crise sanitaria, na entidade sempre tiveron claro que “non podíamos baixar o ritmo cando máis nos necesitan”

A Asociacion Erguete atendeu a 4.341 persoas en plena pandemia

Fai exactamente un ano do primeiro caso identificado de coronavirus en España. Un ano da irrupción dunha pandemia destrutiva que deixou e deixa moitas vidas atrás. Un ano que nos pillou a todos de imprevisto, pero no que non tocou outra que adaptarse. Así fixo a Asociación Érguete, orientando cada un dos seis programas para non parar durante a pandemia, o que posibilitou que 4.341 persoas recibiran algún tipo de axuda ou intervención durante este ano.

“Non podíamos baixar o ritmo cando máis nos necesitaban”, sentencia a coordinadora de Érguete, Elvira Rivas. A traballadora social leva 30 anos na entidade e explica que nestas situacións de crises “outras pandemias como as adiccións e a desigualdade”, non poden ser esquecidas posto que as persoas son moito máis vulnerables a estes problemas. Nestes momentos hai que “estar máis atentos e preparados que nunca”, conclúe.

Pese ao confinamento estrito, os resultados da entidade son moi similiares aos do ano pasado, e incluso en varios programas as persoas atendidas foron máis. O departamento de prevención traballou con 2.934 menores, e 515 familias a detección e a anticipación de problemas de adiccións. 620 persoas con problemas derivados do consumo de substancias recibiron atención xurídica gratuíta, incluídas persoas drogodependentes que sufriron multas por romper o confinamento estrito da primavera do 2020. Tamén 42 menores con problemas adictivos e de conduta recibiron unha atención personalizada para mellorar a súa situación.

Vivendas para salvar a pandemia

28 persoas con problemas de adiccións foron acollidas durante o último ano nas tres vivendas de apoio que a Asociación dispón en Vigo. O obxectivo deste programa é posibilitar a oportunidade de mellora persoal e incorporación sociolaboral destas persoas en risco de exclusión, pero durante a pandemia tamén está a ser un lugar seguro para tratar de salvar unha enfermidade da que moitos e moitas son colectivo de risco.

“Nas vivendas todos están a demostrar a súa responsabilidade, e as súas ganas de mellorar e axudar” destaca Rivas, ao tempo que lembra como durante os peores momentos da pandemia en marzo e abril os usuarios e usuarias estiveron varios días traballando na confección de pantallas protectoras para doar ao persoal sanitario.

Un confinamento en prisión

A vida en prisión durante a pandemia está sendo aínda máis dura. As persoas privadas de liberdade perderon durante meses parte dos seus poucos contactos co exterior coa suspensión das visitas. Por sorte, e durante a maior parte do ano, os traballadores da Asociación estiveron en contacto con eles e elas para axudarlle a integrarse na prisión e acompañalos para unha segunda oportunidade na sociedade.

43 mulleres da prisión de A Lama recibiron talleres e atención individualizada con perspectiva de xénero para gañar confianza, recursos e habilidades para enfrontar as condicións do cárcere, e preparalas para o futuro fóra dos muros. E tamén 90 homes en réxime de primeiro grao dos centros penitenciarios de A Lama e Teixeiro participaron nos talleres para facilitar e mellorar a súa integración na prisión.

“Hai que ter en conta que na prisión xa estaban confinados de por si, e que a pandemia só magnificou a súa situación”, explica Rivas. A coordinadora de Érguete considera que o mal que o pasamos todos confinados debe tratar de facernos “empatizar coa difícil situación das persoas privadas de liberdade”, para favorecer a desaparición dos estigmas e prexuízos contra as persoas que ingresan en prisión.

0
0
0
s2sdefault

O programa Coñece-Decide desenvolveuse nun ano difícil para a educación, adaptando todos os seus contidos ao contexto sanitario do país.

 WhatsApp Image 2021 01 15 at 14.25.28

243 menores e e 268 familias asistiron a talleres de prevención de condutas adictivas organizados pola Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra a través do programa Coñece-Decide. “A prevención é hoxe aínda máis importante”, lembra a coordinadora deste programa na Asociación, Marta Lloves, para explicar porque nunca “pasou pola nosa cabeza a idea de parar o traballo preventivo este ano”.

“Coidarse é máis importante que nunca e a prevención é a mellor vacina que temos contra as adiccións”, afirma Lloves. Tanto ela, como os responsables da Asociación, están moi contentos cos resultados obtidos durante este ano, similares aos do anterior, pese ao confinamento estrito da primavera. Dende a Asociación Érguete queren destacar o apoio e aposta da Deputación de Pontevedra pola prevención e pola saúde dos máis pequenos e pequenas nun ano tan difícill a través do programa Coñece-Decide.

0
0
0
s2sdefault

A actividade organizada pola Asociación Érguete aporta ferramentas aos rapaces e rapazas para previr situacións de acoso, consumo de substancias...

ceip Antonio Carpintero Arbo Asociacion.Erguete

Este venres o alumnado do colexio Antonio Carpintero de Arbo rematou unha formación enfocada a reforzar a súa personalidade. A actividade foi organizada polo equipo de prevención da Asociación Érguete e tiña como obxectivo aportar as ferramentas necesarias ás rapazas e rapaces para poder previr e saber afrontar situación de acoso, de adiccións, de conflitos… 

A encargada de explicar aos pequenos e pequenas estes contidos foi a técnica de prevención, María Novelle, que compartiu reflexións e momentos en dúas sesións de traballo. “Os resultados foron moi positivos. Tanto o alumnado como o equipo educativo do centro fixo una moi boa acollida do obradoiro, participando e mostrando interese nas diferentes actividades”, explica a profesional da Asociación Érguete. 

Algunhas dos aspectos que máis se traballaron nesta formación for a reflexión sobre as propias accións, a autocrítica, a importancia de comprender e respectar, aprender a escoitar e a expresar as preferencias. “Foi un lugar no que rapaces e rapazas puideron coñecerse mellor e aprender a respectarse o un ao outro”. 

Estas actividades forman parte do proxecto E.S.E que coordina a Asociación Érguete e están subvencionadas polo Concello de Arbo.