0
0
0
s2sdefault

A Asociación Érguete e o Concello de Redondela organizan talleres de igualdade para os alumnos e alumnas de primeiro de primaria das nove escolas do municipio.

A Asociación Érguete comezou hoxe no Colexio Público da Igrexa Chapela (Redondela) o programa “Educando na Igualdade”, organizado en colaboración co Concello de Redondela. Dende hoxe e ata a maio cada neno e nena de primeiro de primaria das nove escolas do municipio recibirá un total de 10 horas de talleres de igualdade, organizados en dúas sesións grupais de 4 adicadas ao alumnado e unha sesión final adicada ás familias.

A encargada do servizo de prevención da Asociación Érguete e unha das promotoras destes talleres, Laura Durán, explica que esta actividade é “moi necesaria nas aulas”. “Na escola e entre os nenos e nenas aínda detectamos moitos prexuízos machistas. Por exemplo, moitos pensan que as nenas non poden xogar ao fútbol ou que limpar e cociñar é algo de nais e non de pais”, explica Durán.

Os talleres que recibirán os pequenos e pequenas de Redondela van ser distintos a outro tipo de actividades que se fan para os máis maiores. “Aprenden igualdade con xogos, coloreando e debuxando. Divírtense como iguais e iso é o que buscamos”, conta a traballadora da Asociación Érguete. Este será o segundo ano de “Educando en Igualdade” no Concello de Redondela e se espera que conte coa gran acollida que tivo o ano pasado. “A igualdade conséguese con educación, e ese é noso obxectivo”, conclúe Laura Durán.

Educando na igualdade cp igrexa redondela Asociacion Erguete

0
0
0
s2sdefault

Para a Asociación Érguete estes datos reflexan a forte epidemia de drogas que sufriu a cidade e deben facernos reflexionar para poder cambiar estas estatísticas

A publicación do novo Atlas Nacional de Mortalidad en España (ANDEES) mostra uns datos que arroxan reflexións. As dúas primeiras causas de morte entre os homes de Vigo entre 1989 e 2014 son o sida e a intoxicación por consumo de drogas ou psicofármacos. Ademais, o risco de morte en Vigo para un home por sida ou abuso de drogas é un 50 % máis alto que a media española. Non ocorre o mesmo coas mulleres no que estas dúas causas non están entre as 58 principais razóns de mortalidade feminina na cidade.

Estes datos mostran a forte epidemia de drogas que sufriu a cidade a finais do século pasado e que se cebou especialmente co colectivo masculino. Para a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, estes son datos que “nos deben facer reflexionar sobre o gran mal que pode significar para unha sociedade o consumo de drogas”, ao que normalmente veñen asociadas enfermidades como o sida ou algún tipo de patoloxía mental. “Non podemos esquecer o pasado e temos que continuar aprendendo del”, explica Rivas que reivindica con esta estadística a necesidade de continuar traballando en prevención e educación.

Aínda que a situación non é tan grave como a finais do século pasado non “nos podemos confiar” explica a coordinadora da Asociación Érguete. A experta basease nos resultados da última Encuesta sobre Alcohol y otras Drogas en España (Edades) do período 2017-2018 que mostraban como o consumo de alcol, tabaco e cannabis aumentou nos últimos anos, mentres que o de resto de drogas estabilizouse.

A estes datos hai que sumarlle tamén os publicados na Radiografía dos consumos e adiccións na mocidade viguesa de 12 a 20 anos, elaborada polo investigador Antonio Rial Boubeta e na que participou a Asociación Érguete. A publicación mostraba que os menores de Vigo comezan a consumir alcol aos 13 anos de media, tabaco aos 14, e a primeira borracheira, o cannabis, as pastillas como as anfetaminas, a cocaína, ou os hipnosedantes chegan aos 15 anos.

“Nos vemos estes datos con preocupación” explica Rivas. “A evolución é positiva e o os consumos son menores e menos destrutivos, pero as chamadas drogas brandas estanse a estender e a aceptar entre a poboación”, reflexiona. Para a coordinadora da Asociación Érguete para reducir as mortes, e construír unha sociedade moitas máis saudable é necesario poñer “os datos sobre a mesa para deseñar fortes programas de prevención”. Ela ten esperanza e esta convencida de que “cambiaremos as estatísticas”.

Sida e drogas principais causas mortalidade homes

0
0
0
s2sdefault

A quinta edición da carreira organizada pola Asociación Érguete estrénase no ciclo de carreiras por excelencia da cidade

Despois de catro edicións con moi boa participación, a Asociación Érguete conseguiu que a súa carreira solidaria “Érguete e Corre” forme parte do Circuíto Run Run do Concello de Vigo. Ademais fano cunha posición privilexiada, posto que será a última carreira de todo o circuito. Os atletas botarán a correr o domingo 13 de decembro nun Vigo vestido de gala para o Nadal.

A coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, afirma que “estamos contentos de poder formar parte dun circuíto tan asentado como o de Vigo”, e adianta que na carreira de decembro tratárase de crear un ambiente “navideño” para aproveitar unha data “especial e cercano ao Nadal”, para pechar así por todo o alto un circuito que este ano conta con doce carreiras.

A Érguete e Corre ten como obxectivo fomentar os beneficios do deporte como método de protección e prevención fronte as adiccións, ademias de recadar fondos para mellorar o traballo que a Asociación mantén con distintos colectivos da cidade. Tamén será a meta para os usuarios e usuarias do programa “Movendo Camiños”, unha actividade na que a través do “running” búscase axudar a distintas persoas a fuxir do consumo de substancias e a descubrir alternativas de ocio saudables. “A carreira é unha gran oportunidade para que poidan ver canto melloraron, e como o seu esforzo mereceu a pena”, explica Rivas.

Ademais outros dos aspectos diferenciais da Érguete e Corre é que é unha carreira para todas e para todos. De novo estará aberta para pequenos e pequenas, maiores e para persoas con problemas de mobilidade. En definitiva, unha carreira accesible e aberta para sumar quilómetros por un mundo máis xusto e mellor.

IMG 20200123 WA0003

0
0
0
s2sdefault

O Presidente do club deportivo, Manuel Conde, entregou á Presidenta da Asociación Érguete esta distinción no pavillón da Marisma onte ás 18.00 horas nun acto no que tamén se recolleron alimentos para entregar a Cáritas para a súa campaña de Nadal

A Presidenta da Asociación Érguete, Carmen Avendaño, recibiu onte un recoñecemento por parte do grupo deportivo Casa Paco 81 polo seu traballo como “loitadora incansable contra o narcotráfico polo ben da xuventude”, destaca o Presidente do grupo redondelán, Manuel Conde.

Ademais da entrega do recoñecemento a Presidenta de Érguete, o club habilitou un espazo para recoller alimentos que serán entregados a Cáritas para o seu posterior reparto entre aqueles e aquelas que o precisen.

Este recoñecemento correspóndese cunha iniciativa do club para premiar o labor daquelas persoas que traballan polo ben de todos e todas. Como é o caso de Carmen Avendaño e a Asociación Érguete.

homenaxe Carmen Avendano Club Casa Paco 81

0
0
0
s2sdefault

Durante este ano cerca de 100 persoas se presentaron voluntariamente ao programa coñecido por Auto-T levado a cabo pola Asociación coa colaboración da Fundación Barrié, da Fundación Roviralta e Institucións Penitenciarias

A Asociación Érguete desenvolve un programa con persoas en réxime de primeiro grado en A Lama e en Teixeiro co obxectivo de integrar e mellorar a convivencia dentro do centro penitenciario.

O sistema penitenciario español clasifica ás persoas en grados, o primeiro correspóndese co réxime pechado e de illamento. o que conta con máis medidas de control e seguridade, o segundo é o réxime ordinario e o terceiro o réxime aberto. A maioría das persoas privadas de liberdade está no segundo e miran con respecto o primeiro. O coñecido coloquialmente como a prisión dentro da prisión.

As persoas que se atopan neste réxime permanecen recluídas nunha celda individual 20 horas diarias, tendo soamente 4 para vida en común, como por exemplo saír ao patio. Transcorren o día en absoluta soidade. É un réxime difícil e no que a Asociación Érguete comezou en 2008 un programa para poder axudar a estas persoas a integrarse na prisión e poder progresar así a réximes máis abertos en A Lama, para implantalo en 2017 en Teixeiro.

A través dunha terapia educativa individual e grupal os participantes desenvolven actividades enfocadas en tres campos: o social, o persoal e o emocional. Trabállase sobre a autocrítica, o control de impulsos, a integración no colectivo e a aprender a regular as emocións e a afrontar sentimentos como o da culpa. Tamén se organiza algunha sesión específica baseada no movemento corporal nos polideportivos para que poidan saír do modulo. Aquí se traballa a relaxación, o control da agresidade e liberar tensións.

Programa en prisiones Auto T 2019 Asociacion Erguete

 

Unha característica esencial deste proxecto é que as persoas que queiran participar deben presentarse voluntarias. “Que sexa voluntario é algo moi bo porque implica a intención de querer mellorar”, explica a técnica da Asociación Érguete en Teixeiro, Ana Vázquez. Ademais destinan dúas horas, das catro que dispoñen fóra da celda, para falar de temas moi persoais e delicados en grupo. “Iso non é fácil, pero a gran maioría ten unha actitude moi boa e receptiva”, destaca Vázquez. “Durante estas dúas horas aprenden que hai persoas máis alá do delito”, reflexiona mentres explica que cada un ten unha realidade distintas, pero a que máis se repite é a que ten relación co consumo de substancias.

Un dos aspectos no que se pon o foco no programa é o da integración. Moitas das persoas en primeiro grado teñen medo de abandonalo e sumarse á maioría da poboación penitenciaria posto que teñen a percepción de que lles vai resultar moi difícil. Teñen medo de no integrarse. En primeiro grado están practicamente todo o día sós, mentres que en segundo comparten celda e as actividades grupais se multiplican. É un gran cambio. Por iso, o equipo da Asociación Érguete prepáraos e fai un seguimento da súa evolución. “Ver como melloran é a parte máis bonita porque ves como tentan, esfórzanse e o conseguen”, destaca a técnica de Érguete.

Programa en prisiones Auto T 2019 Asociacion Erguete 2

 

Se chegan a segundo grado e o proceso de integración da persoa funciona, a súa vida e a súa posibilidade de reinserción aumenta. É un cambio que agradecen e que incluso ás persoas desprazadas lonxe do seu lugar de orixe poden obter un traslado e poder estar máis preto dos seus seres queridos.

 

Un programa en crecemento

Cada vez son máis as persoas que se suman a este programa dende que naceu en 2017. Durante o último ano houbo cerca de 100 persoas entre as dúas cárceres. E en Teixeiro dos 50 que asistiron, 28 progresaron a segundo grado. Uns datos que demostran que o programa funciona.

O Auto-T estase a converter nun lugar para mellorar na prisión dentro da prisión. Un lugar para tratar temas que doen, para reflexionar e para confiar nunha segunda oportunidade. Porque o cambio está en eles e elas. É o primeiro paso está en querer cambiar e o programa “está para iso”, conclúe Ana Vázquez.