0
0
0
s2sdefault

Segundo o estudo adiantado polo diario El País, Galicia é xunto a Canarias e a Comunidad Valenciana, a autonomía con máis tramos de risco

Tramos de risco

A condución baixo os efectos do alcol e das drogas esta detrás do 45 % das mortes nas estradas españolas segundo os útlimos datos da Dirección General de Tráfico relativos a 2019. Para tratar de localizar e combatir mellor esta problemática a DGT financiou o informe RiskMent, adiantado polo diario El País, no que por primeira vez se identifican os tramos concretos de maior risco en todo o Estado.

O mapa resultante mostra que Vigo e a súa área metropolitana rexistran ata 30 puntos de risco medio e alto de accidentes por alcol e drogas. Para fixar estes tramos, os responsables do estudo tiveron en conta moitas variables que van dende os factores ambientais (distintos tipos de locais de ocio na zona), o entorno (lonxitude do tramo e patróns de accidentes) e personais (perfiles de ocupantes, acompañantes…).

Os tramos de risco alto está centrado na Autopista do Atlántico, ao seu paso por Teis, Chapela e por Tui, na estrada do acceso ao CUVI (PO - 2005), ou na estrada que conecta Tirón e Moaña (PO - 551). Os puntos de risco medio son máis e están máis distribuídos. En Vigo destaca a avenida Ricardo Mella, no Val Miñor hai 5 puntos máis entre Baiona, Nigrán e Gondomar, e O Porriño concentra tamén os puntos na A - 52.

A pedagoga da Asociación Érguete, María Novelle, conta con anos de experiencia no traballo de prevención do consumo de adiccións e traballa como técnica do programa “Cambio de Sentido” de concienciación nas autoescolas en O Morrazo e Redondela. Baseándose na súa traxectoria considera que debemos tratar de “mellorar estes datos apostando pola información sobre drogas e alcol aos condutores”. Para Novelle son varios os puntos que se deben abordar, explica que no seu traballo nas autoescolas observa que os rapaces e rapazas non teñen suficiente información sobre os efectos das drogas e de que como afectan a capacidade de condución. “É algo que pasa sempre, non perciben o alcol como droga nin teñen en conta as súas repercusións. Isto é un problema grande que debemos corrixir. É verdade que se está facendo, pero vai pouco a pouco e temos moito que traballar”, explica.

Outro aspecto no que incide a experta e que tamén considera unhas das causas de que Galicia sexa das autonomías con máis tramos de risco é a “falta dun transporte público eficaz”. Novelle opina que se as conexións entre vilas e cidades melloraran os accidentes tamén se reducirían. “Entender e traballar nestes campos tamén son políticas de prevención”, conclúe.

0
0
0
s2sdefault

Cerca do 70 % das ventas de alcol de España prodúcense nos bares segundo cifras da Asociación Cerveceros de España, e da patronal de bebidas espirituosas (de alta graduación alcohólica)

Dispensacion responsable de alcohol asociacion erguete

España é un país de bares, e os españois consumen alcol nos bares. Responden ao denoninado Patrón de Consumo Mediterráneo, baseado nas relacións sociais que se producen maioritariamente a través da canle da hostalería. Os datos así o mostran, cerca do 70 % das ventas de alcol no Estado prodúcense non bares segundo cifras da Asociación Cerveceros de España e da patronal de bebidas espirituosas (de alta graduación alcohólica).

Atendendo a estas cifras a Asociación Érguete decidiu lanzar unha acción de prevención dirixida á hostalaría. Durante os próximos meses repartirán entre varios establecementos, comezando polos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Moaña, Vilaboa e Bueu, unhas guías de dispensación responsable de alcol para facilitar o traballo dos profesionais nas situacións derivadas do consumo. Comezan por estes municipios da ría de Vigo porque teñen convenios fimados coa Asociación, pero aseguran que a guía estará dispoñible para “calquera establecemento que o solicite”.

A responsable do servizo de prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, explica que as guías facilitan aos bares un resumo da lei vixente sobre dispensación de alcol, ademais de pistas sobre como atender a colectivos de risco ou menores. “Tamén dámoslle 10 pautas moi simples para garantir unha dispensación responsable,. dende proporcionar información sobre transporte público, ata recomendar aperitivos que non sexan salgados”, explica.

Os interesados e interesadas en acceder a esta guía poden facelo a través do seguinte enlace:

O alcol tamén mata Guia dispensacion responsable do alcol Asociacion Erguete

Durán opina que esta guía “é necesaria para que os bares tamén fomenten a dispensación responsable e que teñan claro os protocolos de actuación fronte a problemas derivados do alcol”. Lembra que segundo o último estudo do Ministerio de Sanidade sobre mortalidade aribuible ao alcol, entre 2010 e 2017 morreron en Galicia 1.206 persoas ao ano, un 53 % delas consideradas prematuras.

Ademais o estudo coloca a comunidade como a terceira de España cun risco máis alto de morte  cun 43,9 de mortes atribuíbles ao alcol cada 100.000 habitantes, só por debaixo de Asturias (46/100.000) e Andalucía (44,7/100.000).

A guía da Asociación Érguete conta co apoio e a subvención da Xunta de Galicia e de Caixa Bank.

0
0
0
s2sdefault

O estudo publicado polo Ministerio de Sanidade “Mortalidad atribuible al alcohol en España 2001-2017” recolle a media anual de mortes e fixa a Galicia como a terceira comunidade cun risco máis alto de mortalidade do Estado.

WhatsApp Image 2020 07 07 at 11.31.44

O consumo de alcol provocou a morte de 1.206 persoas ao ano en Galicia entre o 2010 e o 2017 segundo o estudo “Mortalidad atribuible al alcohol en España 2001-2017” publicado polo Ministerio de Sanidade esta semana. Desas mortes un 73% correspóndense a homes, mentres que un 27% a mulleres. Ademais o 53 % desas mortes son consideradas prematuras, ao corresponder a menores de 75 anos.

Estas cifras mostran que a adicción ao alcol tamén “é unha pandemia mundial”, avisa a coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas. A traballadora social ademais alerta de que Galicia é unha das comunidades máis afectadas de España. O estudo coloca a comunidade como a terceira cun risco máis alto de morte cun 43,9 de mortes atribuíbles ao alcol cada 100.000 habitantes, só por debaixo de Asturias (46/100.000) e Andalucía (44,7/100.000).

Os datos ademais poden mostrar unha mortalidade inferior á real. O informe avisa que a estimación é conservadora e está calculada á baixa porque non se considerou, por exemplo, o risco asociado ao consumo intensivo episódico de alcol (binge drinking) ou que graduación do vino estimada probablemente sexa máis baixa ca do contexto español actual.

A coordinadora da Asociación Érguete quere que estes datos axuden a “abrir os ollos das problemáticas que pode traer o alcol”, e incide en que “para esta pandemia si que hai vacina, a prevención”. “Cada unha destas mortes podería non ter pasado se estas persoas recibiran unha boa educación preventiva para evitar o consumo prolongado de alcol”, explica.

En plena campaña electoral, a presidenta da Asociación, Carmen Avendaño, quere lembrar a cada unha das forzas políticas que opta a entrar no parlamento galego do urxente que é un pacto galego para traballar na prevención das adiccións, con o sen substancia, que conte co respaldo das Asociacións, que como Érguete, teñen moitos anos de experiencia e loita nas costas.

0
0
0
s2sdefault

A Asociación Érguete impartirán talleres de prevención nestes concellos nas autoescolas que o demanden durante os meses de verán.

formacion en autoescuelas Redondela Morrazo Asociacion Erguete

Este verán as persoas aspirantes a condutor de O Morrazo e Redondela recibirán talleres de prevención de drogas como educación engadida mentres sacan o carné de conducir. As encargadas de impartir a formación nestes concellos serán desta formación serán os e as profesionais da Asociación Érguete co financiamento da Xunta de Galicia.

O programa leva o nome de “Cambio de Sentido” e que a través de distintos talleres interactivos informará e sensibilizará a estas persoas ao risco de conducir baixo os efectos das drogas. Tamén haberá un apartado que explique como os distintos medicamentos poden ser perigosos para a conducións, pese a ter receita médica.

Estes talleres impartíranse nas aulas das autoescolas e sempre dacordo aos protocolos de seguridade que marcan as autoridades sanitarias. Ademais dende a Asociación Érguete queren lembrar que conducir baixo os efectos das drogas tamén é “unha pandemia que mata moitas persoas”, por iso, inciden en que a “educación e a prevención son indispensables para salvar vidas”.

As autoescolas dos concellos de O Morrazo e Redondela que queiran demandar este servizo deben poñerse en contacto coa Asociación a través do correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

0
0
0
s2sdefault

Os avogados e avogadas da entidade axudan a estas persoas con condutas adictivas a plantexar un recurso ás sancións

servizo socio xuridico da Asociacion Erguete

Coa desescalada da Xustiza comezan a chegar ao Servizo Socio-Xurídico da Asociación Érguete as solicitudes de asesoramento de persoas que recibiron sancións por incumprir as normas do Estado de Alarma. Nas últimas dúas semanas xa son 10 as persoas con condutas adictivas atendidas polos avogados e avogadas da entidade.

Despois de coñecer as súas distintas historias, os e as profesionais da Asociación redactan un recurso as súas sancións. Para o coordinador deste servizo, David Martínez, é necesario ter en conta que para as persoas con problemas de adiccións foi “moi difícil” manter as estritas normas do confinamento.

O seguimento, mellor presencial

Estas persoas non son as únicas que aproveitan a volta do servizo da Asociación de maneira presencial co comezo da fase 2. Ate aí, a atención era telefónica e o seguimento dos casos facíase “moito máis difícil”, explica Martínez.

Nos meses de estrito confinamento o traballo do servizo da Asociación Érguete centrouse no seguimento das persoas usuarias, non nas sancións administrativas. Agora, en cambio, as súas necesidades xa van da man da “nova normalidade”

O Servizo Xurídico da Asociación Érguete está subvencionado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia baixo un convenio de colaboración firmado en abril deste ano.