0
0
0
s2sdefault

O​ barrio de O Calvario tamén se quixo unir ás reivindicacións contra a violencia de xénero deste 25 de novembro.

A Asociación Érguete organizou esta mañá unha concentración e a súa presidenta, Carmen Avendaño, foi a encargada de ler un manifesto de repudia contra a violencia machista xunto ao Presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheímer (Afaga) e a alumnos do CPR Santa Cristina de Vigo que recitaron un poema sobre a violencia de xénero de Marta Lloves, técnica de prevención da Asociación Érguete.

concentracion 25N asociacion erguete

Ao acto acudiron veciños e veciñas de O Calvario, ademais dos traballadores e traballadores da Asociación Érguete, de Afaga, do CPR Santa Cristina de Vigo e da Fundación Érguete. Ademais de usuarios e usuarias da distintas organizacións e da veciñanza que se quixo sumar a reivindicación do seu barrio.

concentracion 25N asociacion erguete 2

Ademais de lembrar as 91 mulleres asasinadas este ano, a Asociación Érguete solicitou melloras na Lei Integral Contra a Violencia de Xénero para que non só sexan consideradas vítimas as mulleres asasinadas ou maltratadas polas súas parellas ou exparellas. O resto de mulleres asasinadas ou agredidas pola rúa por parte de homes tamén deben ser contabilizadas.

Todos e todas as presentes no acto coincidiron en que a educación é a arma máis poderosa para loitar contra a violencia machista dende as idades máis temperás. O grito foi claro: “Nin un paso atrás”.

0
0
0
s2sdefault

O pasado domingo as nais fundadoras da Asociación acudiron ao pase da obra de teatro Fariña, baseada no libro do xornalista Nacho Carretero.

Este fin de semana a historia da nosa Asociación volveu á emocionar corazóns. A loita incansable das nosas nais fundadoras nese difícil panorama da Galicia dos anos oitenta, contouse no escenario do teatro Afundación de Vigo dentro da xira da representación teatral de Fariña. Foi a súa representación máis especial xa que parte das fundadoras da Asociación Érguete subiron ao escenario invitadas polas actrices e os actores. O público púxose en pé para aplaudir e agradecer o gran traballo que fixo e fai a Asociación e á fermosa representación á que puidemos asistir. 

Obra teatro Farina Asociacion Erguete 2

Nesta obra de teatro traballan artistas consagrados como Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta. Todos e todas dirixidos polo director Tito Asorey e para a confección do guión contaron co xornalista e autor de Fariña, Nacho Carretero. A historia deses tempos difíciles e da loita das nosas nais fundadoras continuará percorrendo os teatros da man deste grandísimo equipo. Este fin de semana, estarán en Pontevedra e despois actuarán en A Coruña. 

Obra teatro Farina Asociacion Erguete 3

Obra teatro Farina Asociacion Erguete 1

Traballamos ata hoxe

Aqueles foron tempos moi duros. Nos que houbo que loitar moito, as nosas nais fundadoras sábeno ben, pero agora a Asociación continúa a pelexar por un mundo mellor. Máis inclusivo e que coñeza ben o perigo das adiccións, da desigualdade e da falta de oportunidades para distintos colectivos en risco. Por iso, a nosa labor segue sendo esencial na nosa sociedade. Só traballamos por unha cousa. Xuntas e xuntos por un mundo mellor, unha sociedade máis xusta e con oportunidades para elas e eles. 

0
0
0
s2sdefault

Los días 7, 8 y 9 de Noviembre, representantes y profesionales de la Asociación Érguete han asistido al "II Congreso Internacional sobre cannabis y sus derivados: Salud, educación y ley", celebrado en el Auditorio Munipal de Catoira.

Además de asistir a las diferentes charlas y talleres que se han desarrollado a lo largo de estos 3 días de jornadas de debate y trabajo, varias profesionales de Érguete participaron activamente exponiendo un póster sobre el cánnabis y colaborando en una mesa de experiencias moderada por Jesús Morán, jefe de servicio de la delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas (PNSD), titulada "Buenas prácticas de prevención del consumo de cannabis desde el ámbito local".

María Novelle, una de nuestras técnicas especialista en prevención, expuso nuestra labor y nuestra experiencia en prevención del consumo del cannabis desde un punto de vista del ámbito educativo y familiar , compartiendo los datos que obtenemos desde varios de los programas que llevamos a cabo a lo largo del año con profesionales reconocidos a nivel internacional que participaron en estas jornadas.

II Congreso Internacional sobre cannabis 2

II Congreso Internacional sobre cannabis

II Congreso Internacional sobre cannabis 3

II Congreso Internacional sobre cannabis 5

0
0
0
s2sdefault

A Asociación ÉRGUETE, en colaboración coa  Concellería de Igualdade-Concello de Vigo”,  organiza o próximo día 18 de setembro de 2019,   a Xornada  Formativa  Incorporación da Perspectiva de Xénero en Drogodependencias II EDICCIÓN.

Esta formación é unha acción extratéxica dentro da Entidade, xa que creemos que   para actuar sobre os factores de xénero e crear condicións de cambio que permitan avanzar na construcción da igualdad de xénero, é necesario   que os/as  profesionais  intervintes no campo das adiccións coñezan e apliquen tódalas ferramentas ó seu alcance para acadar tal fin.

É unha xornada que da continuidade a Formación realizada no ano 2018, ¿Importa cómo che vexo? Incorporación da Perspectiva de Xénero nas Adiccións. Contaremos novamente coa experta en Xénero e Drogas, Patricia Martinez Redondo, Educadora Social e Antropologa.

As xornadas terán lugar nas instalacións da Avda, Martínez Garrido nº 21 interior, Vigo. (¿Cómo llegar?)

OBXETIVOS:

- Xerar reflexión sobre o impacto que a variable xénero exerce no traballo levado a cabo nos proxectos e programas de atención ás adiccións.

- Comprender as diferenzas de xénero no consumo problemático de drogas.

 

DESTINATARIOS:

Profesionais que desenvolvan o seu traballo no ámbitos sanitario, psicolóxico, traballo social, educación social, ou integración social con persoas afectadas por conductas adictivas.

CONTIDOS:

1. Aspectos a incorporar desde perspectiva de xénero na intervención con mulleres con problemas de adiccións.

1.1 Propostas para programas de tratamento e redución de danos

1.2 Propostas para programas de prevención

2. Introdución ao traballo con homes e adiccións desde perspectiva de xénero. Claves a ter en conta.

3. Introdución a elementos claves da perspectiva de xénero na planificación de proxectos.

 

 II Edicion Xornadas incorporacion da perspectiva de xenero nas adiccions Asociacion Erguete

Descarga el programa

0
0
0
s2sdefault

O Concello de Mos foi o primeiro en acoller este ano unha nova edición do Programa de Prevención “COÑECE-DECIDE” da Asociación Érguete, polo que aposta a DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA por terceiro ano consecutivo.

A subvención concedida pola Diputación inclúe a realización de actividades de prevención de adiccións en distintos Centros Escolares da provincia con alumnos e alumnas de Primaria e ESO e as suas familias, así como o fomento do lecer saudable, a través da intervención en diferentes Clubs Deportivos.

O Colexio O castro British School de Mos, xa se estivo beneficiando desta iniciativa, cunha serie de charlas formativas para país e nais que comezaron o pasado mes de febreiro e finalizaron o 31 de maio coa charla “Adolescentes ou Extraterrestres?”, que tentou de acercar a pais e nais ao complicado mundo emocional da adolescencia.

Con esta charla pecharonse as actividades desenvoltas durante este curso neste centro, pero que retomarán en setembro neste e noutros centros escolares, coincidindo co comezo do novo curso escolar.

charla O Castro British School Asociacion Erguete