"Colexio O castro British School de Mos. Clausura do Programa de Prevención COÑECE-DECIDE"

O Concello de Mos foi o primeiro en acoller este ano unha nova edición do Programa de Prevención “COÑECE-DECIDE” da Asociación Érguete, polo que aposta a DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA por terceiro ano consecutivo.
charla O Castro British School Asociacion Erguete

A subvención concedida pola Diputación inclúe a realización de actividades de prevención de adiccións en distintos Centros Escolares da provincia con alumnos e alumnas de Primaria e ESO e as suas familias, así como o fomento do lecer saudable, a través da intervención en diferentes Clubs Deportivos.

O Colexio O castro British School de Mos, xa se estivo beneficiando desta iniciativa, cunha serie de charlas formativas para país e nais que comezaron o pasado mes de febreiro e finalizaron o 31 de maio coa charla “Adolescentes ou Extraterrestres?”, que tentou de acercar a pais e nais ao complicado mundo emocional da adolescencia.

Con esta charla pecharonse as actividades desenvoltas durante este curso neste centro, pero que retomarán en setembro neste e noutros centros escolares, coincidindo co comezo do novo curso escolar.