0
0
0
s2sdefault

O pasado domingo as nais fundadoras da Asociación acudiron ao pase da obra de teatro Fariña, baseada no libro do xornalista Nacho Carretero.

Este fin de semana a historia da nosa Asociación volveu á emocionar corazóns. A loita incansable das nosas nais fundadoras nese difícil panorama da Galicia dos anos oitenta, contouse no escenario do teatro Afundación de Vigo dentro da xira da representación teatral de Fariña. Foi a súa representación máis especial xa que parte das fundadoras da Asociación Érguete subiron ao escenario invitadas polas actrices e os actores. O público púxose en pé para aplaudir e agradecer o gran traballo que fixo e fai a Asociación e á fermosa representación á que puidemos asistir. 

Obra teatro Farina Asociacion Erguete 2

Nesta obra de teatro traballan artistas consagrados como Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias e Sergio Zearreta. Todos e todas dirixidos polo director Tito Asorey e para a confección do guión contaron co xornalista e autor de Fariña, Nacho Carretero. A historia deses tempos difíciles e da loita das nosas nais fundadoras continuará percorrendo os teatros da man deste grandísimo equipo. Este fin de semana, estarán en Pontevedra e despois actuarán en A Coruña. 

Obra teatro Farina Asociacion Erguete 3

Obra teatro Farina Asociacion Erguete 1

Traballamos ata hoxe

Aqueles foron tempos moi duros. Nos que houbo que loitar moito, as nosas nais fundadoras sábeno ben, pero agora a Asociación continúa a pelexar por un mundo mellor. Máis inclusivo e que coñeza ben o perigo das adiccións, da desigualdade e da falta de oportunidades para distintos colectivos en risco. Por iso, a nosa labor segue sendo esencial na nosa sociedade. Só traballamos por unha cousa. Xuntas e xuntos por un mundo mellor, unha sociedade máis xusta e con oportunidades para elas e eles.